21 de xuño de 2021

Presentación do libro A Pintura Manierista en Sober

O vindeiro venres día 25 de xuño a Asociación Veciñal de Proendos presenta o libro A pintura manierista en Sober, de Xosé Lois García, con fotografía de Fran R Luaña. 

👏🏻 Será na Casa da Cultura de Sober ás 8 da tarde, contando co autor, que asinará exemplares, ademais da presenza de Fran R Luaña - autor das fotografías - Luís Fernández Guitián e Alfonso Blanco Torrado, editor. 

✒️ O libro, coa análise das pinturas murais das igrexas de Proendos, Pinol, Lobios e Bolmente, con fotografía a toda cor, poderase adquirir por 20 €.


Ningún comentario:


Ruta da Barca aos Penedos do Castro

  O 24 de abril (domingo) cruzamos o Sil para facer unha andaina - ida e volta - dende a Barca até Os Penedos do Castro (por riba do mosteir...